¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.
Traiñeira Feminina na saída
Traiñeira Feminina na saída

Cabo afronta a recta final de cara ás súas Ligas

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Onte os nosos equipos desprazáronse ata Chapela para remar a que foi a última proba amistosa antes do comezo das ligas (ACT, LGT-A e LFem). A nosa embarcación Feminina foi a primeira en sair, seguida do equipo LGT-A, sendo a tripulación ACT a última en sair das 28 traiñeiras participantes.

Na categoría feminina a nosa embarcación rematou en terceira posición por detrás das anfitrionas de Chapela. Pola banda masculina, a nosa tripulación LGT-A rematou en 8 posición mentres que a nosa embarcación ACT rematou segunda, detrás dos seus compañeiros de liga de Ares, que fixo un gran papel na regata.

COMEZO DE LIGA

A vindeira semana dará comezo a Liga Galega A tendo a vila de Muros como escenario. As ligas ACT e Feminina terán que esperar unha semana máis para comezar a competición. A EuskoLabel Liga farao o sábado 3 de xullo na Coruña e a Feminina o domingo 4 na Pobra, coincidindo coa segunda xornada da LGT-A.

COMPARTIR: